top of page

DIARIO DE ABORDO DA AULA

COMEZAMOS A RESOLVER O MISTERIO 

 

O primeiro contacto que tivemos co fareiro foi un tanto espectante. O señor mostrouse algo preocupado no correo electrónico que recibimos. Estamos preparando todo para que os nenos e as nenas do CPI As Revoltas poñan en marcha as súas habilidades e axuden a este noso fareiro a saír da incertidume que o asolaga.

As mestras e o mestre

AQUÍ COMEZAMOS

Despois de ler  o primeiro misterio, no que nos mandaba montar unhas pezas porque o fareiro non sabía, puxémonos mans as pezas para montar cada equipo as súas. Somos seis equipos nos que cada membro ten as súas funcións.

É moi divertido , e pensamos que nos van quedar moi ben! 

Funcionarán? MARIÑA E  MARTINA

PUXÉMOLO A ANDAR

Co  robot montado, tocounos poñelo a andar. Ao principio custou un pouco, pero ao final conseguímolo. Algúns chocaron e outros non, grazas a isto aprendemos a andar mellor con eles. Tanto andamos co mando como coa tablet. MARTA E LUCÍA.

PROGRAMAMOS OS ROBOTS

O martes pasado en robótica estivemos mirando o Misterio 3 no cal había que darlle ordes ao robot. Collemos as  tabletas e entramos na páxina Mblock; vimos como comenzar a programar os robots, pero tivemos que coller os portátiles, posto que no programa había máis funcións.

HUGO E ENRIQUE.

HOXE PROGRAMAMOS O NOSO VIDEOXOGO!

Ola somos Xabi e Martina. A nós pareceunos moi chupi poder crear o noso videoxogo =).

todo 6º utilizou a aplicación (scratch) para facer un videoxogo cos nosos propios personaxes, pareceunos moi fácil porque os nosos profes de róbotica(Érika, Ivan, Raquel grande eRaquel pequena)  son moi bos=)  =)  =)  =)   =)   =)

O dia que viñeron os pais foi moi divertido, porque compartimos momentos cos nosos pais.Fixemos unha programacion emocionante,na miña opinion foi moi divertido!!!!!!!!!!!Gustariame repetir experiencias educativas cos pais.

GELO

AVENTURA COS PAIS

ILLA INTELIXENTE

Ao final fixemos unha illa como nos pediu o fareiro. Tivemos que facer unha illa, e nela os robots era: un semáforo, unha ambulancia, un coche policía, un segueliñas co cartel de ILLA, un faro e unha farola. A parte que máis me gustou foi cando tiven que facer de enxeñeiro e montar os robots e os sensores.

BRAIS

AVENTURA COS PEQUENOS

Ola somos Martín e Isaac.  As dúas últimas sesións estivemos cos pequenos de infantil, encantounos estar con eles!!! Porque son moi divertidos.

O primeiro día fixemos unha carretera marítima, e o segundo día andivemos por ela, e ensinámoslle como funcionaban os robots, e que eles tamén andiveran con eles. Fixemos a montaxe de toooda a nosa illa!!!

Foi divertido!!

bottom of page