MISTERIO 6
Ola queridos compañeiros!
Xa fai un tempo que non me comunico con vós, pero mantívenme informado dos vosos avances cos aparellos aparecidos nesta illa.
Visto todo o que podemos facer con eles, gustaríame suxerirvos o seguinte:
-
Crear un barco para as emerxencias, con sirena.
-
Rodear a illa de farois intelixentes, deses que ao pasar os barcos preto deles, acendan.
-
Un gran cartel luminoso que rubrique "ILLA". Para avisar aos navegantes máis depistados de terra a vista!
-
Ter unha lancha motora teledirixida de salvamento.
-
Facer do meu faro un semáforo, debido a que cada vez hai máis afluencia de embarcacións ao arredor da illa.
-
Tamén debido a esta afluencia, cada vez hai menos sitio onde amarrar as embarcacións... podemos mellorar isto cun sistema de aparcamento, luz verde indicando sitio libre, e luz vermella sitio ocupado
Quizais parezca moito o que pido, pero gustaríame facer desta illa un lugar seguro, e porque non, unha illa moderna e con intelixencia artificial! Confío na vosa sabiduría e dotes informáticas!
Se vos xurde algunha idea para mellorar as condicións de habitabilidade e de seguridade, benvidas sexan!
Un saúdo, o Fareiro